lunes, 19 de marzo de 2012

Personaxes destacados na H de Galicia

Con este vídeo elaborado por min pretendo enmarcar os principais personaxes que influíron na H de Galicia neses tempos.


domingo, 18 de marzo de 2012

A Batalla de Brión

A Batalla de Brión enfrontou as tropas Británicas e Españolas. Os Britanicos perderon esta batalla xa que non puideron pasar as fortes defensas que formaban os dous castelos(San Filipe e a Palma, como mostro no vídeos).

Isto demostra a eficacia estratéxica dos dous castelos situados na ría de Ferrol, como ben dixeron os Ingleses ” Si Inglaterra tuviese un puerto como el de Ferrol, lo rodearía con una muralla de plata”, xa que a forma da nosa ría e única e permite facer unha forte defensa contra calquera ataque por mar.


Evolución de Ferrol.



Neste GIF podemos ver a evolución da cidade de Ferrol ao longo duns séculos. Ferrol destaca principalmente pola súa posición estratéxica a que foi capaz de derrotar os Ingleses en diversas ocasións e a súa vez foi unha cidade a cal a partir de 1746 comezou a medrar moi rapidamente, grazas a construción naval. No 1787 foi chamado o “Novo EL Dorado”

miércoles, 15 de febrero de 2012

Castelo de Mesía

Buscando pola rede encontrei un castelo descoñecio en ruinas e me pareceu moi interesante compartilo con vosoutros.
O castelo atopase en Ortigueira, curiosamente foime moi dificil atopar información sobre o catelo e a única páxina fiable resultou ser capítulo 0, curiosidades da vida, deixo aquí algunhas fotos sobre o castelo





martes, 14 de febrero de 2012

Recopilación de Castelos Mediavais

Fixen unha recopilación dos castelos que mais me gostan. No vídeo poño as fotos e os seus respectivos nomes por se a alguén lle interesa saber algo mais dos castelos.
Escoitade a música que é fermosa.

lunes, 13 de febrero de 2012

A noite dos visigodos vivintes

Pareceume interesante poñer esta entrada que encontrei en capitulo 0

Lúa chea na porta da Bisagra

Os paseos máis fermosos por Toledo son pola noite. Aí o frío do inverno cobra avantaxe para viaxar sobre a primavera. Un pode sentirse na escuridade os seus propios pasos lóbregos, observar as sombras prolongadas, empaparse do frío dos ventos artificiais que esvaran polas rúas entre os altísimos muros conventuais e pacegos desta cidade de micromundos. É de noite, pero non moito, e as portas das igrexas e das mansións aínda seguen abertas. Unha das zonas máis descoñecidas da cidade é a que acolle o mínimo e humilde leigado visigodo, distanciado das grandes rutas turísticas da cidade.

Entramos na igrexa de Santa Eulalia, e xuraríamos penetrar noutra mesquita. As columnas mudéxares seccionan a planta cadrada en tres naves, e nos falan dun tempo no que as tres relixións estiveron absolutamente próximas no estético. Este templo, agora cheo de albaneis magrebíes que o restauran discutindo se ten mil anos ou simplemente douscentos, existe desde o século VI e nunca deixo de ofrecer culto relixioso. Hoxe, séguese a practicar o culto mozárabe, esa liturxia antiga que mantiveron os cristiáns nas cidades musulmanas durante o dominio da Lúa. Pero custaría distinguir esta igrexiña dunha mesquita ou dunha sinagoga toledana. Aínda que todas as relixións buscaron logos corporativos con rapidez, en Toledo obsérvase que o estilo, entendido como unha representación total asociado a unha determinada ideoloxía, é unha construción posterior ao medievo. O deseño non diferenciaba culturas ou resumía ideoloxías como tal, a diferencia de hoxe. Fascinante.

Pinturas murais de San Román

Neste luscofusco frío descubrimos a marabillosa San Román. Non sabiamos nada dela, pero ese sexto sentido que ás veces existe nas viaxes nos avisaba de que debiamos pasar por alí. San Román é hoxe unha igrexa desacralizada, destinada á explicación da época visigoda. Un entra na igrexa con luvas de plástico que che dan na entrada, para perderse pasando follas de fermosísimos facsímiles de Beatos. O campanario acocha unha das vistas máis marabillosas e descoñecidas deste compost urbano e humano. E nas paredes de San Román descubriuse, hai non moito, unha das máis fermosas coleccións de frescos románicos da Península. A Creación, a Árbore da Vida, os Evanxelistas, e un impresionante espertar-dos-mortos-vivintes, o Día do Xuízo Final, enchendo unha das paredes das naves, fronte o que un se queda calado e marabillado con esa enorme Cantiga de Santa María debuxada sobre o papel.

martes, 7 de febrero de 2012

Castelo Finalizado(Monterrei)

Neste video preséntovos un castelo da idade media galega. Inspirado no castelo de Monterrei.
É so unha primeria toma de contacto coa construcción deste tipo de estructuras, espero que vós goste!