lunes, 13 de febrero de 2012

A noite dos visigodos vivintes

Pareceume interesante poñer esta entrada que encontrei en capitulo 0

Lúa chea na porta da Bisagra

Os paseos máis fermosos por Toledo son pola noite. Aí o frío do inverno cobra avantaxe para viaxar sobre a primavera. Un pode sentirse na escuridade os seus propios pasos lóbregos, observar as sombras prolongadas, empaparse do frío dos ventos artificiais que esvaran polas rúas entre os altísimos muros conventuais e pacegos desta cidade de micromundos. É de noite, pero non moito, e as portas das igrexas e das mansións aínda seguen abertas. Unha das zonas máis descoñecidas da cidade é a que acolle o mínimo e humilde leigado visigodo, distanciado das grandes rutas turísticas da cidade.

Entramos na igrexa de Santa Eulalia, e xuraríamos penetrar noutra mesquita. As columnas mudéxares seccionan a planta cadrada en tres naves, e nos falan dun tempo no que as tres relixións estiveron absolutamente próximas no estético. Este templo, agora cheo de albaneis magrebíes que o restauran discutindo se ten mil anos ou simplemente douscentos, existe desde o século VI e nunca deixo de ofrecer culto relixioso. Hoxe, séguese a practicar o culto mozárabe, esa liturxia antiga que mantiveron os cristiáns nas cidades musulmanas durante o dominio da Lúa. Pero custaría distinguir esta igrexiña dunha mesquita ou dunha sinagoga toledana. Aínda que todas as relixións buscaron logos corporativos con rapidez, en Toledo obsérvase que o estilo, entendido como unha representación total asociado a unha determinada ideoloxía, é unha construción posterior ao medievo. O deseño non diferenciaba culturas ou resumía ideoloxías como tal, a diferencia de hoxe. Fascinante.

Pinturas murais de San Román

Neste luscofusco frío descubrimos a marabillosa San Román. Non sabiamos nada dela, pero ese sexto sentido que ás veces existe nas viaxes nos avisaba de que debiamos pasar por alí. San Román é hoxe unha igrexa desacralizada, destinada á explicación da época visigoda. Un entra na igrexa con luvas de plástico que che dan na entrada, para perderse pasando follas de fermosísimos facsímiles de Beatos. O campanario acocha unha das vistas máis marabillosas e descoñecidas deste compost urbano e humano. E nas paredes de San Román descubriuse, hai non moito, unha das máis fermosas coleccións de frescos románicos da Península. A Creación, a Árbore da Vida, os Evanxelistas, e un impresionante espertar-dos-mortos-vivintes, o Día do Xuízo Final, enchendo unha das paredes das naves, fronte o que un se queda calado e marabillado con esa enorme Cantiga de Santa María debuxada sobre o papel.

martes, 7 de febrero de 2012

Castelo Finalizado(Monterrei)

Neste video preséntovos un castelo da idade media galega. Inspirado no castelo de Monterrei.
É so unha primeria toma de contacto coa construcción deste tipo de estructuras, espero que vós goste!

martes, 31 de enero de 2012

Este e o proxecto "en seco" xa que lle falta por engadir a substancia. O subo para que poidades apreciar a evolución do proxecto.

domingo, 8 de enero de 2012

Castro Candaz

Estaba lendo o blog de Capítulo Cero cando encontrei isto que me pareceu moi interesante.

Estaba lendo o blog de Capítulo Cero cando encontrei isto que me pareceu moi interesante.
Os vo deixo aqui

A paisaxe permítenos ver este estremo descoñecido do encoro de Belesar. Antes, na chaira que precede ás empinadas ladeiras, vimos o antigo mosteiro convertido en parroquia; a notable casa, logo reitoral, conserva aínda a torre que identifica ás mansións aristocráticas destas terras. OMosteiro. Debiamos estar preto do lugar.

Aquí preto, nun sitio que non coñecemos e do que non temos clara a ubicación, localízase unha das ruinas históricas máis intrigantes de Galicia.

Pero está baixo as augas a maior parte do ano.

Observo a superfície da auga do encoro, rodeado de outeiros e alturas; ao que eu sei, a fortaleza podería ser nestes momentos unha masa escura baixo as augas; confío en que a sequía dos inicios de outono teña evitado a inmersión invernal. O camiño segue, ata un punto no que comeza a abandonarse e o invaden as xestas e os toxos. Non hai problema. En peores temos estado. Douscentos metros despois, xa metidos no corazón do bosque, o camiño desaparece e enfronte só está unha espesura. Sole descubre unhas pegadas, un caminiño mínimo de animais por unha beira da pista case desaparecida. Baixamos por eles ata introducirnos por baixo do que debe ser o nível máximo de inundación da presa no inverno. Agora, a finais de setembro, ainda non chegaron as grandes choivas. O encoro está baixo. É a nosa esperanza. Baixamos por baixo do nivel máximo do embalse e a vexetación desaparece. Agora camiñamos entre ruinosos socalcos de xisto.

Baixando con coidado por estes socalcos de apariencia lunar, observamos que nos conducen á outra confluencia do Miño con outro rio, o Enviande, que tamén desemboca alí. Sabemos que está preto Castro Candaz: vin nun vello libro que o lugar inexpugnable e recóndito situábase na insólita xunta de tres ríos distintos no mesmo punto.

E, de súpeto, flotando como unha illa máxica, unha illa que hoxe só é visible unhas poucas semanas ao ano, aparece Castro Candaz. Un mítico escenario do pasado de Galicia, durmindo no soño do esquecemento. Sinto un calafrío. Todas as familias guerreiras da Idade Media da zona, os Camba, os Taboada, os Temes, xurdidas das escuridades da Historia quixéronse vincular a este lugar, convertelo no seu solar, na cerna do sangue. Así o relataron en crónicas manuscritas nos séculos XVII e XVIII, cando Castro Candaz era unha ruína agochada na vexetación. As lendas familiares, apócrifas, consignadas en prego para acreditar a vella nobleza do sangue, descúbrennos aquí, baixo as augas, un épico escenario de resistencia, caída e victoria contra os normandos e, mesmo dalgún xeito, ainda máis atrás. Un lugar de poder nun escenario absolutamente espectacular, un dos máis evocadores dos que temos visitado para a nosa serie Repúblicas de Homes Libres. ¿Que tiña este lugar de especial?
que hoxe vemos é unha ruína moi alterada polos tempos pero, á sua vez, preservada insolitamente polas augas. As bases do antigo castelo foron convertidas en viñas, e o espazo defensivo alterouse ao longo dos séculos de intensa explotación agraria. Un imponente camiño conduce desde esta ladeira, por un estreito paso nestes momentos baixo as augas, ata a fortaleza. Desde onde estamos, na ladeira de enfronte, podo recoñecer parte das ruínas. Contrasto o que vexo neste dia luminoso con outra ollada, a través do tempo, descrita a princípios do século XX; desde 1907 fálame ao oído neste novo episodio da República de Homes Libres, dános pistas, téndenos trampas. Que aventura cultural!

Guerreiro Suevo

Dragons!!!

Parece que te un error ó comprimir xa que aparecen unhas liñas pero non son capaz de quitalas.

lunes, 2 de enero de 2012

Rei Teodomiro





Animación da imaxe do Rei Teodomiro xunto con Martin. Durante o mandato do Rei Teodomiro o reino Suevo tivo unha grande explendor.