martes, 31 de enero de 2012
domingo, 8 de enero de 2012
Castro Candaz

Estaba lendo o blog de Capítulo Cero cando encontrei isto que me pareceu moi interesante.
A paisaxe permítenos ver este estremo descoñecido do encoro de Belesar. Antes, na chaira que precede ás empinadas ladeiras, vimos o antigo mosteiro convertido en parroquia; a notable casa, logo reitoral, conserva aínda a torre que identifica ás mansións aristocráticas destas terras. OMosteiro. Debiamos estar preto do lugar.
Aquí preto, nun sitio que non coñecemos e do que non temos clara a ubicación, localízase unha das ruinas históricas máis intrigantes de Galicia.
Pero está baixo as augas a maior parte do ano.
Observo a superfície da auga do encoro, rodeado de outeiros e alturas; ao que eu sei, a fortaleza podería ser nestes momentos unha masa escura baixo as augas; confío en que a sequía dos inicios de outono teña evitado a inmersión invernal. O camiño segue, ata un punto no que comeza a abandonarse e o invaden as xestas e os toxos. Non hai problema. En peores temos estado. Douscentos metros despois, xa metidos no corazón do bosque, o camiño desaparece e enfronte só está unha espesura. Sole descubre unhas pegadas, un caminiño mínimo de animais por unha beira da pista case desaparecida. Baixamos por eles ata introducirnos por baixo do que debe ser o nível máximo de inundación da presa no inverno. Agora, a finais de setembro, ainda non chegaron as grandes choivas. O encoro está baixo. É a nosa esperanza. Baixamos por baixo do nivel máximo do embalse e a vexetación desaparece. Agora camiñamos entre ruinosos socalcos de xisto.
Baixando con coidado por estes socalcos de apariencia lunar, observamos que nos conducen á outra confluencia do Miño con outro rio, o Enviande, que tamén desemboca alí. Sabemos que está preto Castro Candaz: vin nun vello libro que o lugar inexpugnable e recóndito situábase na insólita xunta de tres ríos distintos no mesmo punto.